Museo da Monnaie de Paris
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Museo da Monnaie de Paris (en francés: Musée de la Monnaie de Paris) tamén coñecido como Museo do 11 Conti (Musée du 11 Conti), por ser esa a súa dirección, é un museo numismático parisiense de titularidade pública pertencente á Monnaie de Paris ou fábrica nacional de moeda de Francia e instalado nun dos seus edificios, coñecido como Hôtel des Monnaies.[2]
Datos rápidos Museo da Monnaie de Paris, Coordenadas ...
Museo da Monnaie de Paris (Museo do 11 Conti) | |
---|---|
Coordenadas | 48°51′25″N 2°20′21″L |
País | Francia |
Cidade | París |
Director | Amille Morineau (Directora de Exposicións e coleccións da Monnaie de Paris[1] |
Inauguración | 1833 |
Superficie | 1.200 m2 |
Na rede | |
https://www.monnaiedeparis.fr/fr/le-musee | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Pechar
Nel consérvanse e expóñense moedas e medallas, materiais utilizados na súa cuñaxe e espazos pedagóxicos acerca da historia as técnicas de fabricación de moeda en Francia desde as súas orixes.[3]
Pola súa vinculación coa Monnaie de Paris, o museo forma parte, entre outras federacións e entidades internacionais, da Federación Internacional da Medalla de Arte (FIDEM).