Monte de Cabeza de Manzaneda
Montaña pertencente ao Macizo Central Ourensán / From Wikipedia, the free encyclopedia
O monte de Cabeza de Manzaneda (tamén coñecido como Cabeza Grande ou Cabeza Grande de Cabeza de Manzaneda) sitúase na Serra da Queixa no Macizo Central ourensán, concretamente nos municipios da Pobra de Trives, Manzaneda e Chandrexa de Queixa. O monte consta de dous cumios: a Cabeza Grande de 1781 metros [3] (a cima principal e de maior cota, onde se atopa un vértice xeodésico[2]) e a Cabeza Pequena (tamén coñecido como Cabeza Pequena de Manzaneda ou Cabeza Pequena de Cabeza de Manzaneda de 1776 metros [3] (a cima secundaria onde se atopa un centro de radiocomunicación[1]).
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cabeza de Manzaneda.
Datos rápidos Cabeza de Manzaneda, Localización xeográfica ...
Cabeza de Manzaneda | |
---|---|
Cima secundaria da Cabeza de Manzaneda (Cabeza Pequena) co Centro de radiocomunicación[1] xunto cumio da Pista do Regato da estación de montaña Manzaneda | |
Localización xeográfica | |
Cordilleira | Macizo Galaico |
Serra | Serra da Queixa no Macizo Central ourensán |
Latitude | 42°15′25.1″ N [2] |
Lonxitude | 7°17′53.1" O [2] |
Localización administrativa | |
Localización | Galiza |
Características xerais | |
Altitude | 1.781 [3] m |
Prominencia | 803 m ↓ sobre A Gudiña (26,0km dirección SE) [4] [5] |
Cume veciño máis alto | O Fial (1.841 msnm) [4] [5] |
Illamento topográfico | 36,6 km dirección E [5] |
Pechar
O monte forma parte da estación de montaña Manzaneda, na que é posible a práctica do esquí.