Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación (España)
goberno de España / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación de España ou MAEC, que nos seus inicios en 1714 se chamou Primeira Secretaría de Estado e despois, a partir de 1833 recibiu o nome de Ministerio de Estado, é o órgano da Administración Xeral do Estado que ten encomendadas as seguintes funcións:
- Planificar, dirixir, executar e avaliar a política exterior de España.
- Concertar e potenciar as relacións de España con outros estados e coas organizacións internacionais.
- Fomentar as relacións económicas, culturais e científicas internacionais de España.
- Dirixir a política de cooperación internacional para o desenvolvemento.
- Exercer a protección dos cidadáns españois no exterior e participar na proposta e aplicación da política de estranxería.
- Deseñar, coordinar e executar a política española no seo da Unión Europea.
Datos rápidos Tipo, Data de fundación ...
Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación | |
---|---|
Pazo de Santa Cruz, sede do Ministerio. | |
Tipo | ministerio de España |
Data de fundación | 17 de abril de 2004 |
Data de disolución | 7 de xuño de 2018 |
Presidente/a | José Manuel Albares |
Organización subsidiaria | Secretariat of State for Foreign Affairs (Spain) |
Sede | Palácio de Santa Cruz (Madrid) |
País | España |
Na rede | |
http://www.exteriores.gob.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
Para cumprir con estas funcións o Ministro de Asuntos Exteriores conta co apoio dun número variable de secretarías de estado e subsecretarías, que en xaneiro de 2012 eran tres e unha, respectivamente. Ademais, dependen del os organismos autónomos da Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECI) e do Instituto Cervantes.