Instituto Cervantes
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Instituto Cervantes é unha institución cultural pública española creada en 1991, dependente do Ministerio de Asuntos Exteriores. Toma o seu nome do escritor Miguel de Cervantes.
Datos rápidos Tipo, Data de fundación ...
Instituto Cervantes | |
---|---|
Tipo | institución cultural, institución educativa e entidade territorial xeográfica humana |
Data de fundación | 1991 |
Nomeado en referencia a | Miguel de Cervantes |
Presidente/a | Luis García Montero (-) |
Organización matriz | Secretariat of State for International Cooperation |
Organización subsidiaria | Instituto Cervantes de Varsovia, Instituto Cervantes de Cracovia, Instituto Cervantes Tokio, Instituto Cervantes, Berlin, Instituto Cervantes de Budapest, Instituto Cervantes de Salvador, Instituto Cervantes of Manila, Biblioteca María Zambrano. Instituto Cervantes di Roma, Instituto Cervantes de Pekin, Instituto Cervantes de Shanghai e Instituto Cervantes Praga |
Premios | Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades |
Sede | Madrid |
En | Madrid |
País | España |
Na rede | |
https://www.cervantes.org | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
A súa tarefa é a promoción e ensino da lingua española, así como a difusión da cultura de España e Hispanoamérica. Como institución cumpre labores similares á Alliance Française, o British Council, o Institut Ramon Llull e o Goethe-Institut.
As súas sedes centrais están en Madrid, no edificio «As Cariátides» da rúa de Alcalá (antiga sede do Banco Central Hispano) e en Alcalá de Henares, na rúa Libreros da cidade. O seu director a é Luis García Montero.