Milos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Milos ou Melos (Grego moderno: Μήλος; grego antigo: Μῆλος Melos) é unha illa volcánica do mar Exeo, en Grecia, a máis suroccidental das Cícladas a 120 km da costa de Laconia. Está situada ao sur do Ática, a uns 150 km ao sueste de Atenas e a 120 km da costa do Peloponeso. Nas súas costas móstranse interesantes fenómenos xeolóxicos. Restos das etapas minoica, helenística, romana e bizantina.
Milos | |
---|---|
Μήλος | |
Baía de Milos | |
Localización da illa | |
Situación | |
País | Grecia |
Arquipélago | Cícladas |
Mar | mar Exeo |
Coordenadas | 36°44′N 24°25′L |
Xeografía | |
Superficie | 160´14 km² |
Punto máis alto | 751 m. Monte Profitis Elias |
Demografía | |
Capital | Plaka |
Poboación | 5.193 hab. (2021) |
Densidade | 31 hab./km² |
Lingua propia | Grego |
A illa é famosa porque nela atopouse a estatua de Afrodita (a "Venus de Milo", agora no Louvre), e tamén polas estatuas do Deus grego Asclepio (agora no British Museum[1]), o Poseidon e un arcaico Apolo en Atenas. Milos é un destino turístico moi popular durante o verán. O Municipio de Milos tamén inclúe as illas deshabitadas de Antimilos e Akradies. O conxunto das terras é de 160´147 km² e a poboación segundo o censo de 2011 era de 4.977 habitantes.
Aristóteles deulle o nome de Cefiria, e algúns autores antigos situábana no mar de Creta.