Millicent Fawcett
From Wikipedia, the free encyclopedia
Millicent Garrett Fawcett, nada en Aldeburgh (Suffolk) o 11 de xuño de 1847 e finada en Londres o 5 de agosto de 1929, foi unha feminista, intelectual, líder política e sindical e escritora británica. Foi líder durante 50 anos do movemento sufraxista moderado en Inglaterra. Desde este movemento promoveu a educación das mulleres e o seu dereito ao voto.[1] En 1867 uniuse ao Comité Sufraxista de Londres e ao ano seguinte realizou a súa primeira alocución pública cando era moi pouco frecuente que unha muller falase en público. Tras a morte de Lydia Becker converteuse na líder natural do movemento sufraxista británico e foi fundadora da Unión Nacional de Sociedades do Sufraxio Feminino (NUWSS). Centrouse na propaganda política e as campañas de persuasión e difusión seguindo unha estratexia de legalidade e orde.[2] En 1987 foi cofundadora do Newnham College de Cambridge, unha das primeiras universidades de Inglaterra para mulleres.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Milicent Garrett 11 de xuño de 1847 Aldeburgh, Reino Unido (pt) |
Morte | 5 de agosto de 1929 (82 anos) Gower Street, Reino Unido |
Lugar de sepultura | Golders Green Crematorium (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda |
Educación | Newnham College (en) |
Actividade | |
Ocupación | política , escritora , activista polos dereitos das mulleres , economista |
Empregador | Birkbeck College |
Partido político | Liberal Unionist Party (en) |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Henry Fawcett (1867–valor descoñecido) |
Fillos | J. Malcolm Fawcett (pt) , Philippa Fawcett |
Pais | Newson Garrett (en) e Louisa Dunnell (en) |
Irmáns | Elizabeth Garrett Anderson, Agnes Garrett (pt) e Samuel Garrett (en) |
Premios | |