Milan Kundera
From Wikipedia, the free encyclopedia
Milan Kundera, nado en Brno o 1 de abril de 1929 e finado en París o 11 de xullo de 2023, foi un escritor checo en lingua checa e francesa.[1] Orixinario da antiga Checoslovaquia obtivo a nacionalidade francesa en 1981. A súa obra de máis sona é probablemente Nesnesitelná lehkost bytí ("A insoportable levidade do ser"), publicada en 1984. Recibiu o premio Médicis étranger en 1973 pola novela Život je jinde, o "Premio de Xerusalén" en 1985, o "Premio Aujourd'hui" en 1993 polo ensaio Les testaments trahis e o Gran Premio de Literatura da Academia francesa no ano 2001 polo conxunto da súa obra.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2023.) |
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar