Mikhail Baryshnikov
bailarín, coreógrafo e actor naturalizado estadounidense de orixe rusa / From Wikipedia, the free encyclopedia
Mikhail Nikolaevich Baryshnikov (en ruso Михаил Николаевич Барышников, e en letón Mihails Barišņikovs), alcumado Misha (diminutivo en ruso do nome "Mikhail"), nado o 28 de xaneiro de 1948[1] en Riga, é un bailarín, coreógrafo e actor naturalizado estadounidense de orixe rusa, considerado xunto con Vatslav Nizhinskii e Rudolf Nureyev como un dos mellores bailaríns da historia e unha das grandes personalidades do ballet do século XX. Logo duns comezos prometedores no Ballet Kirov en Leningrado, emigrou ao Canadá en 1974 en busca de máis oportunidades no ballet occidental. Logo de traballar como freelance en varias compañías, entrou no New York City Ballet como bailaríns principais para aprender o estilo de movemento de George Balanchine. Posteriormente bailou no American Ballet Theatre, onde logo se converteu en director artístico. O crítico Clive Barnes unha vez o cualificou como «o bailarín máis perfecto que xamais vin».[2] Baryshnikov ten encabezado moitos dos seus propios proxectos artísticos e foi asociado en particular coa promoción da danza moderna, estreando ducias de nova obras, incluíndo moitas obras propias. O seu éxito como actor dramático nos escenarios, cine e televisión posiblemente o axudou a converterse no bailarín contemporáneo máis recoñecido. En 1977, foi nomeado para o Óscar ó mellor actor secundario e un nomeamento aos Globos de Ouro polo seu papel de "Yuri Kopeikine" na película The Turning Point.