Miami Gardens, Florida
From Wikipedia, the free encyclopedia
Miami Gardens é unha cidade no centro-norte do condado de Miami-Dade, Florida, Estados Unidos. Está a 26 km ao norte do centro de Miami e os seus límites esténdense desde a I-95 e o NE 2ª Avenida polo leste ata as Avenidas NW 47ª e NW 57º polo oeste e desde o Condado de Broward ao norte ata a rúa 151 no sur.[1] O nome da cidade provén dunha das principais estradas da zona, Miami Gardens Drive. Segundo a Oficina do Censo dos Estados Unidos, a cidade tiña unha poboación de 110.001 en 2019, e é a cidade máis grande de Florida cunha poboación afroamericana maioritaria.[2] É unha das cidades principais da Área metropolitana de Miami, onde se estimaron 6.012.331 habitantes no 2015.
Datos rápidos Localización, Poboación ...
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Florida | ||||
Condado | Condado de Miami-Dade (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 111.640 (2020) (2.266,8 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 49,25 km² | ||||
Altitude | 2 m-2 m | ||||
Creación | 13 de maio de 2003 | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Rodney Harris (en) (2020–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Prefixo telefónico | 305 | ||||
Páxina web | miamigardens-fl.gov |
Pechar