Metropolitan Opera House
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Ópera Metropolitana de Nova York (Metropolitan Opera House, tamén coñecido simplemente como o Metropolitan ou o Met) é unha compañía e teatro de ópera situado no Lincoln Center de Nova York.
Ópera Metropolitana de Nova York | |
---|---|
Cidade | Nova York |
País | Estados Unidos |
Arquitecto/s | Max Abramovitz Wallace Harrison |
Capacidade | 3800 |
Outros nomes | Metropolitan Opera House Metropolitan The Met |
Estilo | Modernista |
Páxina web | www.metopera.org |
É un dos teatros máis importantes da ópera mundial, cun elenco de estrelas norteamericanas e internacionais.
O Met é a maior institución de música clásica dos Estados Unidos, e anualmente ofrece unhas 220 representacións de ópera. A súa sede considérase un dos principais teatros de ópera do mundo, e un dos maiores. Cada tempada do Met esténdese desde setembro até maio, e presenta ao redor de 27 óperas nun programa de repertorio rotativo, con sete representacións semanais de catro títulos diferentes. De luns a sábado as representacións ofrécense pola noite, cunha función extra os sábados, xeralmente ás dúas da tarde.[1]