Metilcobalamina
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
A metilcobalamina (mecobalamina, MeCbl ou MeB12) é un tipo de cobalamina, unha forma de vitamina B12. Difire da cianocobalamina en que o grupo ciano unido ao cobalto foi substituído por un grupo metilo.[1] A metilcobalamina ten un centro octaédrico de cobalto(III) e pode obterse como cristais vermellos intensos.[2] En canto á química de coordinación, a metilcobalamina é salientable como un claro exemplo de composto que contén enlaces metal–alquilo. Propuxéronse intermediarios metaloide–metilo durante a metanoxénese, na cal intervén a metilcobalamina.[3]
Metilcobalamina | |
---|---|
Datos clínicos | |
Nome comercial | Cobolmin |
Rutas de administración | Oral, sublingual, inxección. |
Código ATC |
|
Identificadores | |
| |
Número CAS | |
Datos químicos e físicos | |
Fórmula | C63H91CoN13O14P |
| |
| |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A metilcobalamina é un equivalente fisiolóxico da vitamina B12,[4] e pode usarse para previr ou tratar as patoloxías que se orixinan por falta de vitamina B12 (ver deficiencia de vitamina B12).
A metilcobalamina tamén se usa para o tratamento da neuropatía periférica, neuropatía diabética e como trtamento preliminar para a esclerose lateral amiotrófica.[5]
A metilcobalamina que se inxire non se usa directamente como cofactor, senón que primeiro é convertida pola MMACHC en cob(II)alamina. A cob(II)alamina convértese despois noutras dúas formas, adenosilcobalamina e metilcobalamina, que se usan como cofactores. É dicir, a metilcobalamina primeiro é desalquilatda e despois rexenerada.[6][7][8]
Segundo un estudo, é importante tratar a deficiencia de vitamina B12 con hidroxocobalamina ou cianocobalamina ou unha combinación de adenosilcobalamina e metilcobalamina, pero non a metilcobalamina soa.[9]