Meridiani Planum
From Wikipedia, the free encyclopedia
Meridiani Planum é unha chaira de Marte localizada nas coordenadas 0,04° S 356,86° E [1], dentro da porción occidental de Terra Meridiani. Alberga un raro fenómeno da hematita, unhas esferas grises cristalinas, pequenas e duras. Na Terra, a hematita é atopada moi a miúdo nas augas termais ou en grandes estanques de auga; así pois, moitos científicos cren que a hematita de Meridiani Planum podería ser un indicador de antigas augas termais ou dun contorno con abundante presenza de auga líquida. A hematita é parte das capas de rochas sedimentarias que teñen grosores que abarcan dende os 200 ós 800 metros. Meridiani Planum alberga tamén cráteres de impacto e chans de basalto volcánico.
Datos rápidos Vista da Mars Exploration Rover Opportunity cara suroeste, onde se pode ver na distancia o escudo protector posterior e o seu paracaídas.., Tipo de accidente xeolóxico ...
Meridiani Planum | |
---|---|
Vista da Mars Exploration Rover Opportunity cara suroeste, onde se pode ver na distancia o escudo protector posterior e o seu paracaídas.. | |
Tipo de accidente xeolóxico | Planum |
Rexión de | Marte |
Diámetro | 1.058,53 km[1] |
Coordenadas | 0,04° S 356,86° E [1] |
Procedencia do nome | nome dun antigo rexión de albedo de Marte.[1] |
Pechar