Mayday
From Wikipedia, the free encyclopedia
Mayday (en inglés: mayday, [ˈmeɪ.deɪ] (AFI), escoitar) é un sinal de socorro utilizado internacionalmente como chamada de emerxencia nas comunicacións de radiotelefonía.
Emprégase para indicar unha emerxencia na que hai risco de perder a vida en diversos ámbitos como na aviación e na mariña e, nalgúns países, tamén o utilizan as forzas policiais, os bombeiros e as organizacións de transporte. A chamada sempre se fai tres veces seguidas para evitar confusións: «mayday mayday mayday».[1]