Masacre de Srebrenica
From Wikipedia, the free encyclopedia
O masacre ou xenocidio de Srebrenica[4] consistiu no asasinato de aproximadamente uns 8.000 bosníacos na rexión de Srebrenica, en xullo de 1995, durante a Guerra de Bosnia. O devandito asasinato masivo, levado a cabo por unidades do Exército da República Serbia (VRS), baixo o mando do xeneral Ratko Mladić, así como por un grupo paramilitar serbio coñecido como "Os Escorpións"[5] [6] [7] [8][9], produciuse nunha zona previamente declarada como "segura" polas Nacións Unidas xa que nese momento se atopaba baixo a "protección" de 400 cascos azuis holandeses. Aínda que se buscou especialmente a eliminación dos homes musulmáns bosníacos, o masacre incluíu o asasinato de nenos, adolescentes, mulleres e anciáns.
Batalla de Srebrenica e Žepa | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mapa da toma de Srebrenica, así como da fuxida cara a Tuzla dos bosníacos | |||||||||
| |||||||||
Belixerantes | |||||||||
República Serbia Décimo Destacamento de Sabotaxe |
Bosnia e Hercegovina Países Baixos | ||||||||
Líderes | |||||||||
Ratko Mladić Radislav Krstić Milorad Pelemiš[1] Dražen Erdemović |
Naser Orić | ||||||||
Baixas | |||||||||
300 mortos e feridos | 2.000 mortos[2] 35.632[3](+10.000?) refuxio (Srebrenica, Žepa→Tuzla, Kladanj) 100-200? evacuado feridos(Žepa→Sarajevo) 800 refuxio (→Serbia) |
Na súa sentenza condenatoria ao xeneral serbo-bosníaco Radislav Krstic, o Tribunal Penal Internacional para a ex Iugoslavia (ICTY), cualificou os acontecementos de Srebrenica como un acto de xenocidio: este acto constitúe o maior asasinato masivo en Europa desde a segunda guerra mundial[10]. Theodor Meron, o xuíz que presidiu a Cámara, declarou[11]:
Buscando eliminar a unha parte da poboación bosníaca musulmá, as forzas serbo-bosníacas cometeron xenocidio. Seleccionaron para a súa extinción a corenta mil bosníacos musulmáns que vivían en Srebrenica, un grupo particularmente emblemático entre os bosníacos musulmáns en xeral. Desposuíron a todos os homes prisioneiros, tanto militares como civís, mozos como maiores, das súas pertenzas e identificacións, e deliberada e metodicamente elimináronos, unicamente en razón a súa identidade[12]
Posteriormente, o Tribunal Internacional de Xustiza ratificou a sentenza do ICTY e, así mesmo, cualificou os feitos como xenocidio. A lista das persoas asasinadas ou desaparecidas elaborada pola Comisión Federal de Persoas Desaparecidas inclúe 8.373 nomes[13].