Mary Celeste
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Mary Celeste foi un bergantín mercante norteamericano que se encontrou ao garete e sen tripulación no océano Atlántico a 400 millas náuticas[1] dos Azores o 4 de decembro de 1872. Atopouno o bergantín canadense Dei Gratia en condicións de navegar, aínda que desantendido, coas velas parcialmente izadas e sen o seu bote salvavidas. A derradeira anotación do seu caderno de bitácora era de dez días antes. O navío deixara Nova York en rumbo a Xénova o 7 de novembro e ao atopalo aínda tiña provisións de abondo. A súa carga de alcol desnaturalizado estaba intacta e as pertenzas do capitán e tripulación inalteradas. Endexamais se volveu saber nada dos que ían no navío. O caso constitúe un dos casos máis coñecidos de navío pantasma.
Datos rápidos Mary Celeste, Historial ...
Mary Celeste | |
---|---|
O Mary Celeste en 1861 cando aínda recibía o nome de Amazon e vogaba baixo a bandeira canadense. | |
Historial | |
Estaleiro | Spencer's Island |
Porto de rexistro | Parrsboro, Nova Escocia |
Botado | 18 de maio de 1861 |
Características xerais | |
Desprazamento | 198,42 t (1861) 282,28 t (1872) |
Eslora | 30,3 m (1861) 31 m (1872) |
Manga | 6,9 m (1861) 7,8 m (1872) |
Calado | 3,6 m (1861) 4,9 m (1872) |
Propulsión | vela |
Pechar