Marie Magdalene "Marlene" Dietrich, nada en Schöneberg, Berlín, o 27 de decembro de 1901 e finada en París o 6 de maio de 1992,[1] foi unha actriz e cantante alemá. Dietrich mantívose na popularidade ó longo da súa carreira mediante a reinvención constante, tanto profesionalmente como persoalmente. No Berlín da década de 1920, actuou no teatro e en filmes mudos. Interpretou a Lola-Lola en Der blaue Engel (1930), dirixido por Josef von Sternberg, e acadou a fama internacional despois do contrato con Paramount Pictures nos Estados Unidos. Filmes de Hollywood como Shanghai Express (1932) e Desire (1936) capitalizaron o seu glamour e aparencia exótica, converténdose nunha das actrices mellor pagadas do seu tempo. Dietrich conseguiu a cidadanía estadounidense en 1939,[2] e durante a segunda guerra mundial, foi artista na fronte. Malia que seguiu facendo filmes de xeito ocasional despois da guerra, Dietrich adicou os seus anos entre as décadas de 1950 e 1970 facendo xiras polo mundo como artista de espectáculos.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Marlene Dietrich |
Biografía |
---|
Nacemento | (de) Marie Magdalene Dietrich 27 de decembro de 1901 Rote Insel (Imperio Alemán)
|
---|
Morte | 6 de maio de 1992 (90 anos) 8.º arrondissement de Paris (Francia)
|
---|
Causa da morte | insuficiencia renal |
---|
Lugar de sepultura | Friedhof Schöneberg III (pt) , 34-363 |
---|
|
|
|
|
Datos persoais |
---|
Outros nomes | Marlene Dietrich |
---|
País de nacionalidade | Estados Unidos de América (1939–) Alemaña nazi (1933–1939) República de Weimar (1918–1933) Imperio Alemán (1901–1918) |
---|
Educación | Hochschule für Musik Franz Liszt Weimar (en) (1918–) Goethe Gymnasium (en) Ernst Busch Academy of Dramatic Arts (en) |
---|
Altura | 168 cm |
---|
Actividade |
---|
Lugar de traballo | Os Ánxeles Berlín |
---|
Ocupación | actriz de cinema , actriz de teatro , actriz , música , violinista , autobiógrafa , animadora , cantante , actriz de televisión |
---|
Período de actividade | 1919 - 1984 |
---|
Empregador | Office of Strategic Services (pt) |
---|
Lingua | Lingua alemá, lingua francesa, lingua italiana e lingua inglesa |
---|
Carreira militar |
---|
Rama militar | United Service Organizations (pt) |
---|
Conflito | Segunda guerra mundial |
---|
Tesitura | Contralto
|
---|
Instrumento | Violín, singing musical saw David Penalosa (pt) e voz |
---|
Selo discográfico | Liberty |
---|
Familia |
---|
Cónxuxe | Rudolf Sieber (1923–1976), morte do cónxuxe |
---|
Parella | Erich Maria Remarque Yul Brynner John F. Kennedy Mercedes de Acosta Jean Gabin Wilhelm Michel (en) |
---|
Fillos | Maria Riva (pt) () Rudolf Sieber |
---|
Pais | Louis Erich Otto Dietrich e Wilhelmina Elisabeth Joséphine Felsing |
---|
Parentes | Georg Hugo Will (en) (cuñado) |
---|
Premios |
|
|
Páxina web | marlene.com |
---|
|
Pechar
En 1999, o American Film Institute declarou a Dietrich a novena estrela feminina máis grande de tódolos tempos.[3]