Marcelo Rebelo de Sousa
Presidente de Portugal / From Wikipedia, the free encyclopedia
Marcelo Nuno Duarte Rebelo de Sousa, nado en Lisboa o 12 de decembro de 1948, é un profesor e político portugués que chegou a presidente da República Portuguesa.
Profesor de Dereito, xornalista e comentarista político, foi profesor e presidente do Instituto de Ciencias Xurídico-Políticas da Facultade de Dereito da Universidade de Lisboa, ata gañar as eleccións presidenciais de 2016.
Membro dos movementos católicos na súa mocidade, ingresou no Partido Socialdemócrata despois do 25 de abril de 1974. Ocupou, a nivel parlamentario e gobernamental, os cargos de deputado á Asemblea Constituínte, elixido polo PSD; Secretario de Estado (1981-1982) e ministro (1982-1983) para asuntos parlamentarios do goberno da Alianza Democrática, encabezado por Francisco Pinto Balsemão. Foi líder do PSD entre 1996 e 1999.[1]