Mar de Azov
mar / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Mar de Azov (Azovskoie more) é unha pequena rexión ao norte do Mar Negro, ligado a el polo Estreito de Kerch. Tén ao norte a Ucraína, ao leste a Rusia e ao oeste a península de Crimea. Na Grecia antiga, era coñecido como Lago Maeotis ou Mar Maeotis.
Mar de Azov | |
---|---|
Localización administrativa | |
Estado | Rusia Ucraína |
División | Rusia: Rusia Rusia República de Crimea (de facto) Ucraína: Óblast de Zaporiyia Óblast de Donetsk Óblast de Jersón |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Atlántico |
Continente | Europa |
Xeografía | |
Afluentes | Río Don Río Kubán Río Yeya Río Kalmius |
Características | |
Superficie | 37 600 km² |
Anchura máxima | 180 km |
Lonxitude costa | 1 472 km |
Profundiade máxima | 14 m[1] |
Profundidade media | 7,4 m |
Capacidade | 256 km³ |
Mapa | |
Localización do mar de Azov | |
Vista satélite | |
O mar ten 340 km de comprimento e 135 km de longo, cunha área de 37 555 km². Os principais ríos a desaugaren nel son o río Don e o río Kuban; eles garanten que as augas do río teñan unha concentración salina baixa, e tamén transportan vastos volumes de sedimentos ao mar. O mar de Azov é o mar menos profundo da Terra, cunha profundidade media de soamente 13 metros; nalgunhas zonas, onde o sedimento se depositou, como no Golfo de Taganrog, a profundidade media é de menos de 1 metro. A corrente principal no Mar de Azov é unha corrente anti-horaria; as mareas son variabeis, pero poden atinxir 5 metros. No inverno, extensas porcións do mar xelan.