Manuel Antonio
poeta galego / From Wikipedia, the free encyclopedia
Manuel Antonio Pérez Sánchez, máis coñecido como Manoel Antonio ou Manuel Antonio, nado en Rianxo o 12 de xullo de 1900 e finado en Asados (Rianxo) o 28 de xaneiro de 1930, foi un poeta galego en lingua galega, o máximo representante do movemento vangardista na literatura galega. Asistiu á II Asemblea Nacionalista en Compostela (1919), á III en Vigo (1921) e á IV en Monforte[1] (1922). Mantivo arreo fortes conviccións, intentando casar o anarquismo individualista co galeguismo independentista[2][3] e chamou á defensa radical do monolingüismo[4] en galego. En 1922 publicou, xunto a Álvaro Cebreiro, o manifesto vangardista "Máis alá!", crítico coa literatura que consideraba retrógrada e propia doutras épocas. Participou no consello de redacción da revista Ronsel.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Manuel Antonio Pérez Sánchez 12 de xullo de 1900 Rianxo, España |
Morte | 28 de xaneiro de 1930 (29 anos) Asados, España |
Causa da morte | tuberculose |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | poeta |
Xénero artístico | Poesía |
Lingua | Lingua galega e lingua castelá |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios
| |
En vida unicamente publicou o poemario De catro a catro (17 de marzo de 1928), obra fundamental[4] na lírica galega do século XX. Este libro foi concibido durante as súas travesías polo Atlántico e o Mediterráneo, como piloto de navío en prácticas no pailebote Constantino Candeira. Escribiu tamén Con anacos d´o meu interior, Foulas, Sempre e mais dispois e Viladomar, publicados postumamente, en 1972, baixo o título Poesías I,[5] nunha edición de Domingo García-Sabell.
Entre as súas influencias literarias[6][7] estiveron Vicente Huidobro, Gerardo Diego, Arthur Rimbaud, Jules Supervielle e Guillaume Apollinaire. Tamén estivo atento ás repercusións culturais[8] das novas teorías científicas (coma a Teoría da Relatividade[9] de Einstein).
Encádrase habitualmente a figura e a obra de Manuel Antonio na chamada Xeración de 1925, que outros estudosos definen como Novecentistas[6], Xeración de 1922[10] ou tamén Vangarda plena.[11]
Foille dedicado o Día das Letras Galegas no ano 1979.