Manchukuo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Manchukuo, oficialmente o Estado de Manchuria antes de 1934, e o Imperio de Manchuria após 1934, foi un estado monicreque do Imperio do Xapón no nordeste da China e en Mongolia Interior dende 1932 até 1945. Foi fundado como república en 1932 despois da invasión xaponesa de Manchuria, e en 1934 converteuse nunha monarquía constitucional. Baixo o control de facto do Xapón, tivo un recoñecemento internacional limitado.
满洲国 (zh-hans) | |||||
Himno | Hino Nacional de Manchukuo (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Cinco Raças Sob Uma União (Manchukuo) (pt) » | ||||
Nomeado en referencia a | Manchuria | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Changchun Hsinking (en) (1932–1945) Linjiang (pt) (1945–1945) | ||||
Poboación | |||||
Lingua oficial | lingua chinesa lingua xaponesa | ||||
Relixión | Confucianismo, budismo e Xintoísmo | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.554.000 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de marzo de 1932 | ||||
Disolución | 2 de setembro de 1945 | ||||
Sucedido por | Ocupação soviética da Manchúria (pt) e República da China | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | unipartidismo monarquía dual monarquía constitucional | ||||
• Emperor of Manchukuo (en) | Puyi | ||||
Órgano executivo | General Affairs State Council (en) | ||||
• Prime Minister of Manchukuo (en) | Zheng Xiaoxu (pt) | ||||
Órgano lexislativo | Legislative Council of Manchukuo (en) , | ||||
Membro de | |||||
Moeda | Yuan de Manchukuo (pt) | ||||
Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
A área era o fogar do pobo manchú, ao cal pertenceron os emperadores da dinastía Qing. En 1931, a rexión foi tomada polo Xapón despois do incidente de Mukden. Un goberno proxaponés foi instalado un ano despois con Puyi, o derradeiro emperador Qing, primeiro como rexente nominal e posteriormente como emperador.[1] O goberno de Manchukuo foi disolto en 1945 despois da rendición do Imperio Xaponés e o remate da segunda guerra mundial. Os territorios reclamados por Manchukuo foron tomados por primeira vez na invasión soviética de Manchuria en agosto de 1945,[2] e logo foron transferidos formalmente á administración chinesa no ano seguinte.[lower-alpha 1]
Os manchús formaban unha minoría en Manchukuo, cuxo meirande grupo étnico eran os chineses han. A poboación de coreanos incrementouse durante o período Manchukuo, así o número de xaponeses, mongois, rusos brancos e outras minorías. As rexións mongois do oeste de Manchukuo estaban gobernadas baixo un sistema lixeiramente diferente en recoñecemento das tradicións mongois alí presentes. A parte meridional da península de Liaodong (no presente Dalian) foi gobernada directamente polos xaponeses como o territorio de Kwantung até o remate da segunda guerra mundial.