Macizo Central ourensán
serra e zona especial de conservación / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Macizo Central ourensán é un espazo natural montañoso formado pola serra de Queixa, serra de San Mamede, serra do Fial das Corzas e os Montes do Invernadeiro. Este macizo é unha área protexida coa cualificación de zona especial de conservación (ZEC) integrante da Rede Natura 2000 e en proceso cualificación como parque natural.[1][2] [3]
Máis información Marco Legal, Datos de interese ...
Macizo central | |||
---|---|---|---|
Marco Legal | |||
Figura de Protección: | ZEC | ||
Ano de constitución: | Decembro de 2004 | ||
Superficie: | 46.986 ha. | ||
Lexislación: | LIC o 29 de decembro de 2004, ZEC o 27 de marzo de 2004 e 31 de marzo de 2014.[1][2] | ||
Datos de interese | |||
País: | Galicia | ||
Provincias: | Ourense | ||
Concellos: | O Bolo, Chandrexa de Queixa, Laza, Manzaneda, A Pobra de Trives, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Quiroga, Larouco, Montederramo. | ||
Ríos: | |||
Picos | |||
Direccións de interese: | |||
Teléfonos: | |||
Pechar
O Macizo Central ourensán esténdese polos concellos do Bolo, Chandrexa de Queixa, Laza, Manzaneda, A Pobra de Trives, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Quiroga, Larouco, Vilar de Barrio, Baños de Molgas, Maceda, Castro Caldelas e Montederramo.
A zona acolle, á beira do seu cumio máis alto, Cabeza de Manzaneda (1.781 m), a única estación de esquí de Galicia (Estación de montaña Manzaneda).