Macbeth
traxedia de William Shakespeare / From Wikipedia, the free encyclopedia
Macbeth é unha traxedia en cinco actos de William Shakespeare, escrita en prosa e en verso, que fala sobre a traizón e a ambición desmedida. Foi composta probablemente cara a 1606 e estreada pouco despois. Representouse no Teatro do Globo o 20 de abril de 1611, pero é posible que xa se representase con anterioridade, pois non se menciona que se tratase da primeira representación. Foi publicada por vez primeira en 1623, na edición coñecida como First Folio.
Macbeth | |
---|---|
Autor/a | William Shakespeare |
Lingua | Early Modern English e lingua inglesa |
Xénero(s) | Traxedia |
Data de pub. | 1623 |
[ editar datos en Wikidata ] |
A obra está libremente baseada no relato da vida dun personaxe histórico, Macbeth, rei de Escocia entre 1040 e 1057. A fonte principal de Shakespeare para esta traxedia foron as Crónicas de Raphael Holinshed, obra da que tomou tamén os argumentos das súas obras históricas. Holinshed baseouse á súa vez en Historia Gentis Scotorum (Historia dos escoceses), obra escrita en latín polo autor escocés Hector Boece e impresa por vez primeira en París en 1527. Para agradar ao seu mecenas, o rei Xacobe V de Escocia, Boece escurecera deliberadamente a figura de Macbeth, co propósito de exaltar un hipotético antepasado do rei, Bancuo.
Foi traducida ao galego por Fernando Pérez-Barreiro Nolla baixo o título A traxedia de Macbeth, e publicada por Galaxia en 1972[1] con ilustracións de Xohán Ledo. Foi traducida de novo ao galego por Rosa María García Vilariño baixo o título Macbeth, sendo publicada por Argos Vergara en 1985.[2] En 2006, Galaxia volveu publicar a obra, vertida ao galego por Miguel Pérez Romero.