Luz solar
From Wikipedia, the free encyclopedia
A luz solar é a luz e enerxía que provén do Sol. Cando esta enerxía chega á superficie terrestre chámase insolación[1]. O que experimentamos como luz solar é en realidade a radiación solar: é a radiación e a calor do Sol en forma de ondas electromagnéticas.
A atmosfera terrestre afecta a cantidade de radiación solar recibida polo planeta. Cando a radiación solar a atravesa, parte dela é absorbida pola atmosfera (16%); algunha parte é espallada ao espazo (6%); parte dela reflíctese polas nubes (28%); cerca do 47% chega á superficie terrestre.
Sen a luz solar, non podería haber vida tal como a coñecemos na Terra. As plantas necesitan luz solar para o proceso da fotosíntese. Durante a fotosíntese, as plantas usan a enerxía da luz solar, auga e dióxido de carbono para crear glicosa (azucre). A glicosa pode ser usada posteriormente pola planta para obter enerxía para si mesma, e os animais que comen a planta obteñen a glicosa nela. En ausencia de luz solar hai seres vivos que poden vivir no profundo dos océanos, asociados aos procesos volcánicos, grazas a un proceso chamado quimiosíntese.[2]
A radiación solar pode ser tanto boa como mala para a saúde das persoas. Exposto á luz, o corpo humano utiliza a parte ultravioleta da luz do sol para facer a súa Vitamina D propia. Sen protector solar, demasiada radiación ultravioleta a luz pode causar queimaduras e cancro de pel.
O ángulo do Sol marca a diferenza nas estacións da Terra, así como a duración do día e da noite.[3] Un ángulo alto fai quentes os trópicos e un ángulo baixo fai frío o ártico.