Luxemburgo (cidade)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Luxemburgo (luxemburgués: Lëtzebuerg, francés: Luxembourg, alemán: Luxemburg),[pron 1] tamén coñecida como cidade de Luxemburgo (luxemburgués: Stad Lëtzebuerg ou d'Stad, francés: Ville de Luxembourg, alemán: Stadt Luxemburg, Luxemburg-Stadt),[pron 2] é a capital do Gran Ducado de Luxemburgo, e a comuna máis poboada do país. A miúdo, simplemente, denomínase d’Stad (« a Cidade » en lingua luxemburguesa); máis raramente é chamada o Xibraltar do Norte ou o Corazón verde de Europa (a causa das súas fortificacións e polo seu verdor). Situada na confluencia dos ríos Alzette e Pétrusse, no sur de Luxemburgo, a cidade está no corazón de Europa occidental, situada a 213 km. por estrada de Bruxelas, 372 km. de París e 209 km. de Colonia.[1] A cidade contén o castelo de Luxemburgo, construído polos francos na Idade Media temperá, ao redor do cal se desenvolveu un asentamento.
Stad Lëtzebuerg (lb) Luxembourg (fr) Luxemburg (de) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Luxemburgo | ||||
Cantões (pt) | Luxemburgo (pt) | ||||
Capital de | Luxemburgo Luxemburgo (pt) County of Luxembourg (en) (1059–1353) Duchy of Luxembourg (en) (1353–1795) Forêts (en) (1795–1814) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 134.697 (2024) (2.617,51 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 51,46 km² | ||||
Bañado por | Rio Alzette (pt) , Pétrusse (en) , Zéissengerbaach (en) , Q25584407 e Drosbach (en) | ||||
Altitude | 146 m | ||||
Comparte fronteira con | Walferdange (pt) , norte Roeser (pt) , sur Leudelange (pt) , Suroeste Bertrange (pt) , oeste Strassen (pt) , noroeste Hesper, sueste Niederanven (pt) , Nordés Sandweiler (pt) , leste Steinsel (pt) , norte-nordeste (pt) Kopstal (pt) , norte-noroeste | ||||
Datos históricos | |||||
Creación | 963 | ||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Lydie Polfer (pt) (2013–) | ||||
Órgano lexislativo | Luxembourg communal council (en) , | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | vdl.lu… | ||||
En xaneiro de 2019, a cidade de Luxemburgo tiña 119.214 habitantes,[2] que é máis de tres veces a poboación da segunda comuna máis poboada do país (Esch-sur-Alzette). A poboación da cidade está composta por 160 nacionalidades. Os estranxeiros representan o 70% da poboación da cidade, mentres que os luxemburgueses representan o 30% da poboación, e o número de residentes estranxeiros nados na cidade aumenta constantemente cada ano[3].
Luxemburgo é unha das capitais de facto da Unión Europea (xunto a [Bruxelas]] e Estrasburgo), xa que é a sede de varias institucións, axencias e organismos da Unión Europea, incluído o Tribunal Europeo de Xustiza, o Tribunal de Contas Europeo , o Secretariado do Parlamento Europeo, o Banco Europeo de Investimentos, o Fondo Europeo de Investimentos e o Mecanismo Europeo de Estabilidade.