Lotario II do Sacro Imperio
From Wikipedia, the free encyclopedia
Lotario II, ou Lotario III,[1] tamén coñecido como Lotario de Suplinburgo, nado en Lutterloh (Ducado de Saxonia) antes do 9 de xuño de 1075 e finado en Breitenwang, Tirol (Ducado de Baviera), o 4 de decembro de 1137, foi un nobre alemán de orixe franca, que foi emperador do Sacro Imperio desde 1133 até a súa morte, cando regresaba dunha exitosa campaña contra o Reino de Sicilia, rexido daquela pola familia normanda dos Hauteville.
Nome orixinal | (de) Lothar von Supplinburg |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 9 de xuño de 1075 Unterlüß |
Morte | 4 de decembro de 1137 (62 anos) Breitenwang (pt) |
Lugar de sepultura | Imperial cathedral of Königslutter (en) |
Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico | |
1133 – 1137 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Alemaña |
Relixión | Cristianismo |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata , Emperador , gobernante , escritor |
Lingua | Lingua latina |
Outro | |
Título | Duque |
Familia | Dinastía Supplinburger |
Cónxuxe | Ricarda de Northeim |
Fillos | Gertrud von Sachsen (pt) |
Pais | Gebhard of Supplinburg (en) e Hedwig of Formbach (en) |
Irmáns | Simão I, Duque da Lorena (pt) e Petronila de Lorena (pt) |
Parentes | Enrique X el Soberbio (xenro) |
Cronoloxía | |
nacemento póstumo | |
Foi nomeado duque de Saxonia en 1106 e elixido rei de Alemaña (formalmente Rei de romanos) en 1125 antes de ser coroado emperador en Roma.
Fillo do saxón conde Xerardo de Suplinburgo, o seu reinado estivo ameazado polas constantes intrigas dos duques Frederico II de Suabia e Conrado de Franconia (o futuro Rei de romanos Conrado III), ambos da familia rival dos Hohenstaufen.