Longa noite de pedra
obra literaria de Celso Emilio Ferreiro / From Wikipedia, the free encyclopedia
Longa noite de pedra é unha obra poética de Celso Emilio Ferreiro, publicada en 1962 por Editorial Galaxia dentro da Colección Salnés. É a obra máis coñecida e representativa da lírica galega de posguerra, constituíndo un libro chave para entender a literatura galega contemporánea e unha referencia obrigada de toda unha xeración de autores e lectores.[1] Para Xesús Alonso Montero[2] "o libro converteuse axiña na voz da resistencia, no catecismo da contestación e na biblia dos cantares de protesta"
Datos rápidos Longa noite de pedra, Autor/a ...
Longa noite de pedra | |
---|---|
Autor/a | Celso Emilio Ferreiro |
Orixe | Galicia |
Lingua | Galego |
Colección | Colección Salnés |
Xénero(s) | poesía |
Editorial | Editorial Galaxia |
Data de pub. | 1962 |
ISBN | ISBN 978-84-7507-452-8 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar