Lola Iturbe
anarco-sindicalista española / From Wikipedia, the free encyclopedia
Lola (Dolores) Iturbe Arizcuren, nada en Barcelona o 1 de agosto de 1902 e finada en Xixón o 5 de xaneiro de 1990, foi unha activista anarquista española durante a Segunda República e maqui da Resistencia na ocupación nazi de Francia.[1][2] Serventa, costureira de pantalóns dende nena e autodidacta, foi membro da CNT e unha das fundadoras do movemento anarco-feminista Mujeres Libres e do Comité de Milicias Antifascistas durante a Guerra Civil. Escribiu en Tierra y Libertad as crónicas de guerra na fronte de Aragón. Ao remate do conflito exiliouse en Francia co seu compañeiro, Juan Manuel Molina, Juanel. Ambos formaron parte da Resistencia francesa.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Dolores Iturbe Arizcuren 1 de agosto de 1902 Barcelona, España |
Morte | 5 de xaneiro de 1990 (87 anos) Xixón, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Ideoloxía política | Anarcosindicalismo, anarquismo feminista, Anarquismo e feminismo |
Actividade | |
Ocupación | anarcosindicalista , membro da resistencia , escritora , activista polos dereitos das mulleres |
Partido político | Mujeres Libres |
Membro de | |
Lingua | Lingua catalá e lingua castelá |
Carreira militar | |
Lealdade | Segunda República Española |
Pechar