Lista de anfibios de Galicia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A seguinte é unha lista alfabética dos anfibios atopados en Galicia (a alfabetización faise polos nomes dos xéneros). Está baseada na información recollida dos traballos feitos pola Asociación Herpetológica Española ,[1] a información obtida na Lista Vermella da IUCN [2] e polos expertos en herpetoloxía Javier Andrada[3], Pedro Galán e Gustavo Fernández[4].
Esta clase contén arredor de 6.433 especies vivas [5] das cales unhas 17 foron atopadas con maior ou menor abundancia no territorio galego.
A taxonomía da fauna herpetolóxica está sometida a bastantes cambios debido ás novas achegas de información científica, polo que precisa de revisións periódicas para poder engadir os novos datos obtidos.
Unha das intencións da presente lista é a de engadir, cando existan, os correspondentes nomes comúns das especies da nosa fauna de anfibios, procurando sempre citar a referencia oportuna.