Lingua eslovincia
lingua morta falada outrora en Pomerania / From Wikipedia, the free encyclopedia
O eslovincio (slɵvjĩnsħï) é unha lingua morta falada outrora polos eslovincios que habitaban entre os lagos Gardno e Łebsko preto de Słupsk, en Pomerania. O eslovincio foi clasificado como unha lingua (por Friedrich Lorentz, 1902/3),[4] ou como un dialecto do caxubio[5][6][7] (por Lorentz, despois de 1903)[4] ou variante da mesma,[4][8] ao tempo que o caxubio foi clasificado como unha lingua ou como un dialecto do polaco.[7] O eslovincio e o caxubio clasifícanse os dous como lingua pomerania.[4][8]
Eslovincio slɵvjĩnsħï ją̃zĕk[1][2] | ||
---|---|---|
Falado en: | Polonia, Alemaña. | |
Rexións: | Pomerania | |
Extinción: | século XX | |
Familia: | Indoeuropea Eslava Occidental Lequítica Pomerania Eslovincio | |
Escrita: | alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
Mapa | ||
Status | ||
O eslovincio extinguiuse a comezos do século XX.[4][8] Porén, algunhas palabras e expresións sobreviviron ata despois da segunda guerra mundial, cando a rexión se converteu en parte de Polonia. Algúns eslovincios foron expulsados xunto cos alemáns despois da guerra.[9] Entre as persoas ás que se lles autorizou quedar, os maiores tiñan un coñecemento fragmentario do eslovincio ata os anos 50.[9]
Non hai consenso se os eslovincios realmente usaron ese nome, o cal lles deu o académico ruso Aleksander Hilferding, para referirse a si mesmos. Tamén se usaba o sinónimo lebakaschuben. Algúns estudosos cren que os eslovincios se consideraban a si mesmos simplemente como caxubios luteranos e a súa lingua como caxubia. Porén, o nome "eslovincio" prevalece na literatura e tamén se usa oficialmente, por exemplo no Słowiński Park Narodowy (Parque Nacional Eslovincio), unha área protexida na costa polaca de Pomerania.