Lingua cherokee
From Wikipedia, the free encyclopedia
O cherokee[10] (en cherokee: Ꮳꮃꭹ ꭶꮼꮒꭿꮝꮧ Tsalagi gawonihisdi) é unha lingua americana da familia iroquesa,[11] falada polo pobo cherokee.[5][6][7] É a única lingua da familia iroquesa do sur e difire significativamente das outras linguas iroquesas.[12] O cherokee é unha lingua polisintética[13] e emprega un sistema de escritura único, o silabario cherokee.[14]
Cherokee Ꮳꮃꭹ ꭶꮼꮒꭿꮝꮧ Tsalagi gawonihisdi' | ||
---|---|---|
Pronuncia: | [dʒalaˈɡî ɡawónihisˈdî] (dialecto de Oklahoma) | |
Falado en: | Estados Unidos de América | |
Rexións: | Oklahoma e Qualla Boundary, Carolina do Norte[1][2] Tamén en Arcansas.[3] | |
Total de falantes: | 1520 a ~2100 (2018 e 2019)[4] | |
Familia: | Americana Iroqués Iroqués do sur Cherokee | |
Escrita: | Silabario cherokee, latino | |
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | Nación cherokee[5][6][7][8] de Oklahoma | |
Regulado por: | United Keetoowah Band Department of Language, History, & Culture[6][7] Council of the Cherokee Nation | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | chr | |
ISO 639-2: | chr | |
ISO 639-3: | chr
| |
SIL: | NAV
| |
Mapa | ||
Localización orixinal dos falantes de cherokee. Distribución actual. | ||
Status | ||
Este artigo amosa letras cherokees. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Hoxe en día, o cherokee é unha das linguas indíxenas de Norte América con maior saúde, cunha abondosa documentación da lingua, sendo a lingua nativa americana con maior literatura publicada.[15] Entre estas publicacións están un dicionario e unha gramática así como partes traducidas do Novo Testamento da Biblia entre 1850–1951,[11] e o Cherokee Phoenix (ᏣᎳᎩ ᏧᎴᎯᏌᏅᎯ, Tsalagi Tsulehisanvhi), o primeiro xornal publicado polos nativos americanos nos Estados Unidos de América e o primeiro en publicarse nunha lingua indíxena.[16][17] Un significante número de falantes de cherokee de tódalas idades[18] viven en Qualla Boundary en Cherokee, Carolina do Norte e en varios condados da Nación cherokee de Oklahoma, salientando Cherokee, Sequoyah, Mayes, Adair e Delaware. Un número crecente de mozos cherokee están a renovar o interese polas tradicións, a historia e a lingua dos seus devanceiros.[18]
Está considerada unha das linguas máis difíciles de aprender entre anglofalantes.[5] Isto é debido por mor da natureza polisintética da lingua,[5] o cal implica que as verbas están formadas por varias partes.[5] As palabras constrúense para transmitir unha afirmación, o seu contexto, e unha serie de connotacións sobre o falante, a acción e o obxecto da acción. A complexidade do cherokee amósase nos verbos, que forman o 75% do corpus da lingua, en contraste do 25% da lingua inglesa.[5] Os verbos poden conter como mínimo cun prefixo pronominal, unha raíz verbal, un sufixo de aspecto e un sufixo modal.[19]