Lingua birmana
lingua / From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingua birmana[3] (en birmano: မြန်မာဘာသာ) é a lingua oficial de Myanmar. O birmano é a lingua nativa dos bamar e outros subgrupos étnicos bamar, así como por minorías de Myanmar como os mon.
Datos rápidos Birmano မြန်မာစာ, Estatuto oficial ...
Birmano မြန်မာစာ | ||
---|---|---|
Pronuncia: | [mjəmàzà] | |
Falado en: | Myanmar, Tailandia, Malaisia, Singapur | |
Total de falantes: | 33,2 millóns (2007)[1] | |
Familia: | Sino-tibetano Lolo-búrmicas Búrmico Birmano | |
Escrita: | Alfabeto birmano Braille birmano | |
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | Myanmar | |
Regulado por: | Comisión da Lingua de Myanmar | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | my | |
ISO 639-2: | mya | |
ISO 639-3: | mya
| |
Mapa | ||
Status | ||
Pechar
Este artigo amosa escritos birmanos. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
O birmano é falado por 32 millóns de persoas como primeira lingua e como segunda por outros 10 millóns, particularmente as minorías étcnicas en Myanmar e nos países veciños.
O birmano é unha lingua tonal, moi monosilábica e analítica, cunha orde de palabras suxeito obxecto e verbo. É membro da familia lingüística Linguas tibeto-birmanas, que é unha subfamilia da sino-tibetana. A lingua emprega o alfabeto birmano, derivado da escritura antiga mon e da alfabeto brahmi.