Ligamentos colaterais da articulación metacarpofalánxica
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os ligamentos colaterais da articulación metacarpofalánxica son unha parella de ligamentos presentes nas articulacións metacarpofalánxicas, que pertencen ao membro superior. Dispóñense a cada lado da articulación sendo o principal reforzo da mesma.
Máis información Latín, Gray's ...
Ligamentos colaterais da articulación metacarpofalánxica | |
---|---|
Ligamentos do pulso | |
Latín | ligamentum metacarpale transversum superficiale |
Gray's | pág.331 |
Pechar
Orixínanse a cada lado da parte máis inferior de cada óso metacarpiano. Diríxense cara a falanxe proximal. Xunto aos músculos interóseos dorsais e palmares e os músculos lumbricais, manteñen a articulación estable, durante os movementos de flexión e extensión.