Liga ASOBAL
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Liga ASOBAL, coñecida por motivos de patrocinio como Liga Sacyr Asobal, é a máxima categoría masculina da liga española de balonmán, a competición entre clubs de balonmán máis importante de España. Organizada dende o ano 1990 pola Asociación de Clubs de Balonmán de España (ASOBAL), é a herdeira da antiga División de Honra, que se disputou entre 1959 e 1990.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Nome na lingua orixinal | (es) Liga Asobal |
---|---|
Tipo | liga deportiva |
Deporte | balonmán |
Organizador | ASOBAL (1990–) |
Número de participantes | 16 |
Localización e Datas | |
País | España |
Vixencia | 1958 – 1958 – |
Calendario da tempada | agosto – maio |
Competición | |
Primeiro posto | Futbol Club Barcelona (31º) (2024) |
Datos estatísticos | |
Partidos | 240 |
Máis títulos | Futbol Club Barcelona (31) |
Outro | |
Cobertura dos medios de comunicación | GOL PLAY (en) LaLiga+ |
Páxina web oficial | asobal.es |
É considerada por algúns como a mellor liga de balonmán do mundo.[1] Non ten a consideración de Liga profesional, polo que unicamente pode organizar a competición por delegación expresa e baixo a supervisión e control da Real Federación Española de Balonmán (RFEBM), que é quen ostenta a titularidade legal das competencias e a única que lle outorga o carácter de competición oficial.
O FC Barcelona é, con 27 títulos (19 baixo a denominación actual), o club que en máis ocasións gañou a liga ASOBAL. É, xunto co BM Ciudad Real, o único equipo que gañou todos os partidos dunha tempada. Ademais, o Barcelona ten o récord de 146 partidos consecutivos invictos (145 vitorias e un empate), que durou 4 anos, 10 meses e 26 días.[2]