Lexión Cóndor
unidade militar alemá na guerra civil española / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Lexión Cóndor foi un grupo de voluntarios da forza aérea da Alemaña nazi, a Luftwaffe, enviado para apoiar ás forzas nacionais durante a Guerra Civil española, o longo da súa tarefa contou con tres comandantes: Hugo Sperrle, Helmuth Volkmann e Wolfram von Richthofen.
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2017.) |
Lexión Cóndor | |
---|---|
Tipo | unidade militar |
Data de fundación | 1936 |
Data de disolución | marzo de 1939 |
País | Alemaña nazi |
[ editar datos en Wikidata ] |
A axuda consistiu tanto en apoio loxístico, transporte de tropas, subministracións etc., como en apoio en accións de ataque con avións de caza e bombardeiros (como o famoso bombardeo de Guernica ou os bombardeos de Xixón[1]), carros de combate e artillaría; nos seus tres anos de vida pasaron pola Lexión Cóndor 18.000 homes, aínda que nunca se superaron os 5.600 nun mesmo período de tempo.
A intervención alemá na Guerra Civil permitiu mellorar a calidade dos seus aparellos e reparar os defectos da súa arma aérea, preparándoa para a ofensiva mundial que Hitler estaba planeando, así se explica a gran cantidade de reemprazos, para que puidesen conseguir experiencia de combate o maior número de efectivos posibles.
O número de baixas da Lexión Cóndor foi de 299 persoas.[2]