Laboratorio Metalúrxico
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Laboratorio Metalúrxico (inglés: Metallurgical Laboratory) foi un laboratorio científico na Universidade de Chicago establecido en febreiro de 1942 para estudar o plutonio de recente descubrimento. Investigou a química e metalurxia do plutonio, deseñou o primeiro reactor nuclear da historia para producilo e desenvolveu procesos químicos para separalo doutros elementos. En agosto de 1942 a sección química do laboratorio foi a primeira en separar quimicamente unha mostra de plutonio, e o 2 de decembro dese mesmo ano produciuse a primeira reacción nuclear en cadea controlada no reactor Chicago Pile-1, construído baixo as bancadas do vello estadio de fútbol americano da universidade, Stagg Field.
Laboratorio Metalúrxico | |
---|---|
Acrónimo | Met Lab e Met Lab |
Tipo | Laboratorio |
Campo de traballo | Metalurxia |
País | Estados Unidos de América |
41°47′22″N 87°35′58″O | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Laboratorio Metalúrxico estableceuse como parte do Proxecto Metalúrxico, coñecido tamén como Proxecto "Pile" ou "X-10", liderado por Arthur H. Compton como parte do Proxecto Manhattan. Os directores do laboratorio foron sucesivamente Richard L. Doan, Samuel K. Allison, Joyce C. Stearns e Farrington Daniels. Entre os científicos que traballaron neste proxecto estiveron Enrico Fermi, James Franck, Eugene Wigner e Glenn Seaborg.