La forza del destino
ópera de Giuseppe Verdi / From Wikipedia, the free encyclopedia
La forza del destino é unha ópera en catro actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Francesco Maria Piave baseado nun drama español, Don Álvaro, o la fuerza del sino (1835) de Ángel de Saavedra, duque de Rivas, cunha escena adaptada da obra de Friedrich Schiller Wallensteins Lager. Foi estreada no Teatro Bolshoi Kamenny de San Petersburgo (Rusia), o 10 de novembro de 1862.
Portada da primeira edición bilingüe do libreto de La forza del destino, San Petersburgo (1862). | |
Forma | Ópera |
---|---|
Actos e escenas | 4 actos |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Francesco Maria Piave |
Fontes literarias | Duque de Rivas, Don Álvaro o la fuerza del sino (1835) |
Estrea | 10 de novembro de 1862 |
Teatro da estrea | Teatro Bolshoi |
Lugar da estrea | San Petersburgo |
Duración | 3 horas 15 minutos[1] |
Música | |
Compositor | Giuseppe Verdi |
Personaxes | |
Don Álvaro (tenor lírico-spinto) |
Logo dalgunhas revisión, foi representada en Roma en 1863 (co título de Don Alvaro) e pouco desprois en Madrid (coa presenza no teatro do mesmo Duque de Rivas). Posteriormente estreouse en Nova York e Viena (1865), Buenos Aires (1866) e Londres (1867).
Verdi realizou unha nova revisión, con adicións do libretista Antonio Ghislanzoni, que se estreou no Teatro alla Scala de Milán o 27 de febreiro de 1869. Esta última converteuse na versión estándar que se adoita representar.