Kamala Surayya
escritora india / From Wikipedia, the free encyclopedia
Kamala Surayya (en malayalam: കമല സുറയ്യ), nada como Kamala o 31 de marzo de 1934 e finada o 31 de maio de 2009, foi unha escritora india popularmente coñecida co nome Madhavikutty ou co nome de casada Kamala Das. Foi unha poeta en inglés e un dos principais autores en lingua malayalam de Kerala, India. A súa popularidade en Kerala baséase nas súas historias curtas e na súa autobiografía, mentres que a súa obra en inglés, escrita baixo o nome de Kamala Das, salienta polos seus poemas e pola súa autobiografía explícita. Tamén foi columnista en xornais e escribiu sobre diferentes temas, como a situación das mulleres, o coidado dos nenos ou a política.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de marzo de 1934 Punnayurkulam (India) |
Morte | 31 de maio de 2009 (75 anos) Pune (India) |
Lugar de sepultura | Palayam Juma Masjid (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | India (1950–) Dominio da India (1947–1950) Raj Británico (–1947) |
Relixión | Islam |
Educación | Manipal University (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía |
Ocupación | poetisa , autobiógrafa , escritora de contos , escritora |
Xénero artístico | Novela |
Pseudónimo literario | Madhavi Kutty |
Lingua | Lingua inglesa e lingua malayalam |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Nai | Balamani Amma (en) |
Premios
| |
Este artigo amosa escritos malayalam. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
O seu tratamento aberto e honesto da sexualidade feminina, libre e sen sentido de culpabilidade, animouna a escribir mais tamén a marcou como unha iconoclast da súa xeración.[1] O 31 de maio de 2009, con 75 anos, morreu nun hospital de Pune.[2]