Juan de la Cosa
From Wikipedia, the free encyclopedia
Juan de la Cosa, nado posiblemente en Santoña, Cantabria entre 1450 e 1460 e finado en Turbaco, Colombia o 28 de febreiro de 1510, foi un navegante e cartógrafo español coñecido por ter participado en sete das primeiras viaxes a América e por ter debuxado o mapa máis antigo conservado no que aparece o continente americano.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1450 Santoña (Coroa de Castela) |
Morte | 28 de febreiro de 1510 (59/60 anos) Turbaco |
Causa da morte | homicidio, veleno |
Datos persoais | |
Residencia | El Puerto de Santa María |
País de nacionalidade | Coroa de Castela |
Actividade | |
Ocupación | explorador , Conquistadores casteláns , cartógrafo , xornalista |
Lingua | Lingua castelá e lingua éuscara |
Obra | |
Obras destacables
| |
Cronoloxía | |
3 de agosto de 1492-15 de marzo de 1493 | primeira viaxe de Colón |
De la Cosa tivo un papel destacado na primeira e segunda viaxe de Cristovo Colón ás Antillas e en 1499 participou como piloto maior na expedición de Alonso de Ojeda ás costas do continente suramericano. Ao seu regreso a Andalucía, debuxou o seu famoso mapamundi e pouco despois volveu embarcarse cara ás Indias, esta vez con Rodrigo de Bastidas. Nos anos seguintes alternou viaxes a América baixo o seu propio mando con encargos especiais da Coroa, incluíndo unha misión como espía en Lisboa e a participación na Xunta de pilotos de Burgos de 1508. En 1509 emprendeu a que sería a súa derradeira expedición, de novo xunto a Ojeda, para tomar posesión das costas da actual Colombia. La Cosa morreu nun enfrontamento armado con indíxenas antes de poder chegar a exercer o seu cargo de alguacil maior de Urabá.