Juan Rulfo
escritor mexicano / From Wikipedia, the free encyclopedia
Juan Nepomuceno Carlos Pérez Rulfo Vizcaíno, máis coñecido como Juan Rulfo ( pronunciación (axuda · info)), nado en Xalisco o 16 de maio de 1917 e finado na Cidade de México o 7 de xaneiro de 1986 foi un escritor, guionista e fotógrafo mexicano, pertencente á xeración do 52.[1] A reputación de Rulfo aséntase en dous pequenos libros, El Llano en llamas, composto de dezaseis relatos, e a novela Pedro Páramo.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Juan Nepomuceno Carlos Pérez Rulfo Vizcaíno 16 de maio de 1917 Apulco, Xalisco |
Morte | 7 de xaneiro de 1986 Cidade de México |
Causa da morte | morte natural |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | México |
Actividade | |
Campo de traballo | Belas letras, filme e Fotografía |
Ocupación | Escritor |
Membro de | |
Xénero artístico | Novela, conto |
Movemento | Xeración do 52 |
Influencias | |
Lingua | Lingua castelá |
Obra | |
Obras destacables Pedro Páramo El Llano en llamas | |
Familia | |
Cónxuxe | Clara Angelina Aparicio Reyes |
Premios | |
Príncipe de Asturias | |
Páxina web | elem.mx… |
| |
Lista
|
Juan Rulfo foi un dos grandes escritores latinoamericanos do século XX. Nas súas obras combina realidade e fantasía en accións desenvolvidas en escenarios mexicanos. As súas personaxes representan e reflicten os estereotipos do lugar cos seus grandes problemas socioculturais entretecidos co mundo fantástico. A obra de Rulfo, e sobre todo Pedro Páramo, marca o fin da novela revolucionaria, o que permitiu as experimentacións narrativas como no caso da xeración do medio século en México ou os escritores pertencentes ao boom latinoamericano.