Juan Bosch
From Wikipedia, the free encyclopedia
Juan Emilio Bosch Gaviño, nado en La Vega o 30 de xuño de 1909 e finado en Santo Domingo o 1 de novembro de 2001, foi un contista, ensaísta, novelista, narrador, historiador, educador e político dominicano. Bosch foi elixido presidente da República Dominicana en 1962, cargo que asumiu por un breve período en 1963. O seu efémero goberno foi derrocado case sete meses despois de asumir a presidencia. Porén, a día de hoxe, é lembrado como un político honesto[1][2][3] e está considerado como un dos escritores máis preclaros de Latinoamérica, en especial no xénero do conto.[4]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de xuño de 1909 La Vega, República Dominicana (pt) |
Morte | 1 de novembro de 2001 (92 anos) Salcedo, Italia (pt) |
Causa da morte | respiratory distress (en) |
Lugar de sepultura | Monseñor Nouel (pt) |
43º Presidente da República Dominicana | |
27 de febreiro de 1963 – 25 de setembro de 1963 ← Rafael Bonnelly (pt) – Dominican Provisional Government Junta (en) → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | República Dominicana |
Actividade | |
Ocupación | político , historiador , escritor |
Partido político | Partido Revolucionário Dominicano (pt) |
Lingua | Lingua castelá |
Premios | |
Foi un líder da oposición dominicana no exilio contra o réxime de Rafael Leónidas Trujillo durante máis de 26 anos. Ademais, foi o fundador de dous dos principais partidos políticos dominicanos: o Partido Revolucionario Dominicano (PRD) en 1939 e o Partido da Liberación Dominicana (PLD) en 1973.[5]