Jonas Salk
inventor da vacUna contra a poliomielite / From Wikipedia, the free encyclopedia
Jonas Edward Salk, nado en Nova York o 28 de outubro de 1914 e finado no barrio de La Jolla (San Diego) o 23 de xuño de 1995, foi un investigador, médico e virólogo estadounidense, principalmente recoñecido polo seu descubrimento e desenvolvemento da primeira vacina contra a poliomielite segura e efectiva. Na Universidade de Nova York destacou non só pola súa destreza académica, senón porque tamén decidiu realizar investigacións médicas no canto de converterse en médico.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar
Salk é tamén famoso por desenvolver unha vacina libre de patentes. Cando lle preguntaron nunha entrevista televisiva quen posuía a patente da vacina, Salk respondeu: «Non hai patente. Pódese patentar o sol?».[1][2]