John Croker
gravador de medallas e moedas inglés de orixe alemá / From Wikipedia, the free encyclopedia
John Croker, nado en Dresden, Saxonia, o 21 de outubro de 1670 e finado en Londres o 21 de marzo de 1741, foi un xoieiro e gravador alemán emigrado a Inglaterra que chegou a ocupar o posto de gravador xefe da Casa da Moeda de Londres, baixo os reinados da raíña Ana, de Xurxo I e de Xurxo II, cando a ceca londiniense estaba dirixida por Isaac Newton.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de outubro de 1670 Dresden |
Morte | 21 de marzo de 1741 (70 anos) Gran Bretaña |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Alemaña |
Actividade | |
Lugar de traballo | Gran Bretaña (1691–1741) |
Ocupación | gravador , medallista |
Pechar
Croker foi o gravador da medalla de 1702 conmemorativa da Batalla de Rande, na Ría de Vigo,[1][2] así como da serie de moedas a nome da raíña Ana cuñadas coa prata e o ouro capturados nesa batalla, que locen a palabra VIGO baixo o busto da raíña.[3][4][5]