James Rodríguez
futbolista colombiano / From Wikipedia, the free encyclopedia
James David Rodríguez Rubio, nado en Cúcuta, Norte de Santander, Colombia, o 12 de xullo de 1991, coñecido futbolisticamente como James Rodríguez ou simplemente James (pronunciado de acordo coa fonoloxía do español; ˈxames[2]), é un futbolista colombiano que xoga como centrocampista no Everton FC da Premier League. É internacional coa Selección de Colombia, da cal é capitán.
James Rodríguez | |||
---|---|---|---|
James co Bayern München en 2018. | |||
Información persoal | |||
Nome | James David Rodríguez Rubio | ||
Nacemento | 12 de xullo de 1991 (32 anos) | ||
Lugar de nacemento | Cúcuta | ||
Nacionalidade | Colombia | ||
Altura | 1,80 metros | ||
Peso | 75 kg (165 lb)[1] | ||
Posición | Mediapunta / Extremo | ||
Información de club | |||
Club actual | Everton | ||
Número | 19 | ||
Carreira xuvenil | |||
1995–2007 | Envigado | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2007–2008 | Envigado | 30 | (9) |
2008–2010 | → Banfield | 42 | (5) |
2010–2013 | Porto | 63 | (25) |
2013–2014 | Monaco | 34 | (9) |
2014–2020 | Real Madrid | 85 | (29) |
2017–2019 | → Bayern München (cedido) | 43 | (14) |
2020– | Everton | 1 | (0) |
Selección nacional | |||
2007 | Colombia Sub-17 | 11 | (3) |
2011 | Colombia Sub-20 | 11 | (5) |
2011– | Colombia | 76 | (22) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 13 de setembro de 2020. Selección: actualizado a 28 de xuño de 2019.[ editar datos en Wikidata ] | |||
Recibiu en 2009, 2012 e 2014 o premio de xogador revelación na Primeira División da Arxentina e na Primeira Liga de Portugal. Foi elixido en 2014 polo Centro Internacional de Estudo do Deporte segundo mellor centrocampista ofensivo de Europa,[3] ademais de lograr o Premio Puskás de 2014.
Internacional absoluto coa Selección Colombiana desde que debutou no ano 2011, foi vencedor da Bota de Ouro do Mundial de Fútbol Brasil 2014, tras anotar seis tantos que permitiron que a súa selección alcanzase os cuartos de final do torneo, sendo ata a data a mellor actuación do combinado cafetero nunha cita mundialista.[4]