Jacksonville Jaguars
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Jacksonville Jaguars son un equipo profesional de fútbol americano estadounidense con sede na cidade de Jacksonville (Florida). Compiten na División Sur que compite da American Football Conference (AFC) da National Football League (NFL). O seu estadio como local, con capacidade para 64.428 espectadores, é o EverBank Field, situado no centro da cidade.
Jacksonville Jaguars | |||
---|---|---|---|
Fundado en 1993 Sede en Jacksonville, FL | |||
| |||
Afiliacións de Liga/Conferencia | |||
National Football League (1995–presente)
| |||
Uniforme actual | |||
Cores | Negro, verde, ouro | ||
Mascota | Jaxson de Ville | ||
Cadro de persoal | |||
Propietario(s) | Shahid Khan | ||
Presidente | Mark Lamping | ||
Director xeral | David Caldwell | ||
Adestrador | Gus Bradley | ||
Historia | |||
| |||
Alcume(s) | |||
The Jags | |||
Campionatos | |||
Títulos de Liga (0) | |||
Conferencia (0) | |||
División (3)
| |||
Estadios | |||
|
Os Jaguars, xunto cos Carolina Panthers, uníronse á NFL como equipos de expansión na temporada 1995. Desde ese ano gañaron dous capionatos da Divisón Central da AFC (1998 e 1999) e un da Divisón Sur (2017), clasificándose para os playoffs en sete ocasións, a última en 2017 tras dez anos sen conseguilo.[1] Desde a súa fundación até a temporada 2011, o dono da franquía foi o empresario Wayne Weaver. Con todo, no ano 2011 vendeu a súa participación no equipo ao empresario de orixe paquistaní Shahid Khan, tamén dono do Fulham F.C. da Football League Championship, por uns 770 millóns de dólares.[2][3] A finais do ano 2017 o valor estimado da franquía ascende aos 2.075 millóns de dólares.