Jack Nicklaus
From Wikipedia, the free encyclopedia
Jack William Nicklaus, nado en Columbus (Ohio) o 21 de xaneiro de 1940 é un ex-golfista estadounidense, considerado por moitos o mellor da historia, por ser quen gañou un maior número de torneos majors (un total de 18 profesionais e 20 se se contan od dous Abertos dos Estados Unidos Afeccionado que gañou en 1959 e 1961).[1] A súa robusta aparencia e o seu cabelo dourado déronlle o alcume de Golden Bear (oso dourado).[2]
Biografía | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 21 de xaneiro de 1940 (84 anos) Columbus, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||
País de nacionalidade | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||
Educación | Universidade Estatal de Ohio Upper Arlington High School (en) Jones Middle School (en) | ||||||||||||||||
Altura | 178 cm | ||||||||||||||||
Peso | 84 kg | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Ocupación | golfista (1961–), golf course designer (en) | ||||||||||||||||
Lingua | Lingua inglesa | ||||||||||||||||
Deporte | golf | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||
Páxina web | nicklaus.com | ||||||||||||||||
No Aberto dos Estados Unidos de 1962 gañou o seu primeiro torneo profesional, á vez que foi tamén o seu primeiro major. Nesta ocasión impúxose a Arnold Palmer comezando unha enorme rivalidade entre ambos. En 1966, gañou The Masters por segundo ano consecutivo, sendo o único en conseguilo ata ese momento. Ese ano tamén gañou o Aberto británico co que logrou adxudicarse polo menos nunha ocasión todos os torneos majors (conseguira o Campionato da PGA en 1963).
Entre 1971 e 1980, gañou nove majors máis, superando o récord de trece que tiña Bobby Jones. Aos 46 anos conseguiu o seu major número 18, co The Masters de 1986, converténdose no gañador de máis idade dun torneo major na historia. En 1990, uniuse ao PGA Tour sénior e en 1996 xa gañara dez torneos do tour, incluíndo oito majors. Continuou a xogar os catro majors do PGA Tour ata 2005, cando disputou as súas últimas aparicións no Aberto británico e en The Masters.
Ademais destes títulos organiza o seu propio torneo do PGA Tour, o Memorial Tournament, escribe libros sobre técnica de xogo e autobiográficos, deseña campos de golf coa súa compañía, unha das máis importantes do mundo do sector, e ten a súa propia marca de equipamento de golf, fundada en 1992.[3]