Iron Man 3
From Wikipedia, the free encyclopedia
Iron Man 3 é un filme estadounidense de 2013 do xénero de superheroes baseado na serie de banda deseñada Iron Man de Marvel, producida pola propia Marvel e distribuída por Walt Disney Studios Motion Pictures[3]. É secuela de Iron Man (2008) e Iron Man 2, e a sétima película do Universo Marvel. Shane Black dirixiu e escribiu o guión con Drew Pearce, utilizando conceptos do arco de historia "Extremis" de Warren Ellis. Os principais actores foron Robert Downey Jr., Gwyneth Paltrow, Don Cheadle, Guy Pearce, Rebecca Hall, Stephanie Szostak, James Badge Dale, Jon Favreau e Ben Kingsley. En Iron Man 3, Tony Stark ten que facer fronte a un trastorno por estrés postraumático causado pola eventos de The Avengers, mentres investigaba a volta de Ten Rings, liderada polo misterioso Mandarín e entra en conflito cun vello inimigo: Aldrich Killian.
Iron Man 3 | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Shane Black |
Produtor | Kevin Feige |
Guión | Drew Pearce Shane Black |
Baseado en | Iron Man de Stan Lee Don Heck Larry Lieber |
Intérpretes | Robert Downey Jr. Gwyneth Paltrow Don Cheadle Guy Pearce Rebecca Hall Stephanie Szostak James Badge Dale Jon Favreau Ben Kingsley |
Música | Brian Tyler |
Fotografía | John Toll |
Montaxe | Jeffrey Ford Peter S. Elliot |
Estudio | Marvel Studios |
Distribuidora | Walt Disney Studios |
Estrea | 14 de abril de 2013 |
Orixe | Estados Unidos |
Orzamento | 200.000.000 $ (bruto)[1] 178.400.000 (neto)[1] |
Recadación | 1.215.000.000 $[2] |
Filme anterior | Iron Man 2 |
Na rede | |
https://www.marvel.com/movies/iron-man-3 | |
A súa estrea foi o 14 de abril de 2013 en París, converténdose nun éxito de crítica e público e recadando 1.200.000.000 de dólares en todo o mundo, o 16º filme en lograr máis de mil millóns de dólares e o 5º con maior recadación de todos os tempos.