Irish National Liberation Army
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Irish National Liberation Army, INLA (en irlandés: Arm Saoirse Náisiúnta na hÉireann, en galego: Exército de Liberación Nacional Irlandés) é unha organización paramilitar de esquerdas republicana irlandesa formada o 8 de decembro de 1974.
Irish National Liberation Army (INLA) | |
---|---|
Organización armada de Irlanda | |
Líderes | Seamus Costello |
Creación | 8 de decembro de 1974 |
Área de operacións | Irlanda |
Ideoloxía | Republicanismo irlandés Socialismo |
Vencellado a | Movemento Socialista Republicano Irlandés Partido Socialista Republicano Irlandés |
Status | Organización proscrita en Irlanda e o Reino Unido En alto o fogo dende 1998 Dende entón, certas accións contra o narcotráfico |
Compartindo unha ideoloxía marxista co Movemento Socialista Republicano Irlandés, tivo unha grande influencia nos anos setenta e comezos dos oitenta e é hoxe un dos pequenos grupos armados republicanos irlandeses. Nos seus primeiros tempos, o INLA era coñecido como o People's Liberation Army (PLA). Durante este período, o principal obxectivo do grupo era protexer aos membros do Partido Socialista Republicano Irlandés de ataques do Official Irish Republican Army (IRA Oficial).
O INLA é unha organización ilegal na República de Irlanda onde está clasificada como tal baixo as Actas de Ofensas contra o Estado 1939-1998. O goberno irlandés emitiu unha orde de supresión en 1983.[1] O Reino Unido ilegalizouno coa lexislación anti-terrorista.[2]