Incidente de Fachoda
From Wikipedia, the free encyclopedia
O incidente de Fachoda, ou crise de Fachoda, son dous nomes para referirse aos episodios que se produciron entre 1898 e 1899, cando Francia e o Reino Unido decidiron construír diferentes liñas ferroviarias deseñadas para conectar as súas respectivas colonias africanas. A pequena cidade de Fachoda (actualmente Kodok), no Sudán do Sur, situada na intersección das dúas liñas, converteuse no escenario do enfrontamento.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Este incidente foi un dos conflitos cruciais no camiño para que Europa consolidara as súas posesións no continente africano. Levou ao Reino Unido e a Francia ao bordo da guerra, pero culminou nunha gran vitoria estratéxica para o Reino Unido, e dispuxo as bases para a Entente Cordiale de 1904 entre estas dúas nacións rivais. O conflito derivou dalgunhas batallas sobre o control de certas seccións do Nilo, o que causou que o Reino Unido se expandira cara ao Sudán.