Illas Scilly
arquipélago de illas de Cornualles / From Wikipedia, the free encyclopedia
As Illas Scilly (en córnico: Syllan) son un arquipélago do suroccidente de Cornualla. Unha das illas, St Agnes, é o punto máis meridional de Inglaterra, estando 6,4 km máis ó sur que o punto máis meridional da illa de Gran Bretaña, en Lizard Point.
Segundo o censo de 2011, a poboación das illas era de 2 203 persoas.[1] Scilly forma parte do condado cerimonial de Cornualla, e algúns dos seus servizos convínanse cos de Cornualla. Porén, dende 1890, as illas teñen unha autoridade local separada da do condado. Dende a orde das Illas Scilly de 1930, esta autoridade ten o status de consello de condado e hoxe é coñecido como Consello das Illas Scilly.
O adxectivo en inglés "Scillonian" é empregado ás veces para referirse ós habitantes do arquipélago. O Ducado de Cornualla é propietario vitalicio das illas. O turismo é a principal actividade económica local, xunto coa agricultura de flores de corte.