Illa do Rei Guillerme
From Wikipedia, the free encyclopedia
A illa do Rei Guillerme (en inuit, «Qikiqtaq»)[1] é unha illa localizada no arquipélago ártico canadense na rexión de Kitikmeot. Administrativamente, pertence ao territorio autónomo de Nunavut. Cunha superficie entre 12.516 km²[2] e 13.111 km²[3] converténdoa na 61ª illa máis grande por superficie e a 15ª illa máis grande do Canadá. A súa poboación, segundo o censo do Canadá de 2011, era 1.279 habitantes,[4] que viven nun único asentamento, en Gjoa Haven.[5]
Illa do Rei Guillerme | |
---|---|
Localización da illa | |
Situación | |
País | Canadá |
Provincias e territorios do Canadá | Nunavut |
Arquipélago | Illas Árticas do Canadá |
Mar | Océano Ártico |
Coordenadas | 68°58′N 97°14′O |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa continental |
Superficie | 12.516 - 13.111 km² |
Longura máxima | 175 km. |
Punto máis alto | 141 m. |
Demografía | |
Capital | Gjoa Haven (pob. 1.279) |
Poboación | 1.279 (2011) |
Densidade | 0´08 hab./km² |
A illa está situada fronte á costa continental canadense, ao norte da península de Adelaida e ao oeste da península de Boothia, e ao leste da Illa Victoria.
A illa é coñecida polas súas grandes poboacións estivais de caribús que permanecen alí antes de camiñar ao sur sobre o mar de xeo no outono.
Mentres buscaban o Paso do Noroeste, unha serie de exploradores árticos visitaron, ou pasaron os seus invernos na illa do Rei Guillerme.